7 de nov. de 2014

"A ESMORGA" NO CINEMA GALEGO DO 2014

O vindeiro sábado 15 de novembro estrearase o filme de Ignacio Vilar "A Esmorga" no Festival de Cine Internacional de Ourense. A adaptación cinematográfica da novela do ourensán Eduardo Blanco Amor exhibirase por primeira vez na sesión inaugural do certame e unha semana despois chegará ás pantallas comerciais dos cinemas da nosa comunidade.
A película está protagonizada polo actor vasco Karra Elejalde e os actores galegos Miguel de Lira e Antonio Durán "Morris", que interpretan aos tres personaxes da célebre novela galega, Cibrán, O Bocas e o Milhomes, que comparten unha noite de esmorga que rematará en traxedia.
Para máis información, picade no seguinte enderezo: A ESMORGA Filme
Velaquí o trailer...

5º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº147)

O martes 4 de novembro, entre as 17:00 h e 18:00 h. no 103.4 de CuacFM, tivemos a oportunidade de escoitar a catro alumnos de 4ºESO do Colexio Calasanz - PP. Escolapios da Coruña, Miguel García, Daniel Martínez, Nicolás Mejuto e José Manuel Ucha, presentando un novo programa de "A Fume de Carozo" baseado, nesta ocasión, en científicos galegos.

Se queredes volver a escoitalo, picade no seguinte enderezo:

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog