A revista CROA naceu no curso 1987/88. Un grupo
de alumnos de 3º BUP pedíronlle a Benito Paz Trelles, o daquela profesor
de Galego dos alumnos maiores, a creación dunha modesta revista
escolar para canalizar as súas inquietudes sociais e artísticas en
galego. Continuaba a experiencia comezada en anos anteriores con outros
boletíns ou revistas como "Veleiquí". Como tantas outras revistas
escolares, comezou con moi poucos medios e recursos e facíase mediante
fotocopias e multicopista. Co paso dos anos foi ganando peso e todo o
colexio comezou a asumir que CROA era a súa revista, e iso redundou en
que o colexio comezou a ceder máis medios e recursos para que fose
mellorando en calidade da edición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario