Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

31 de out. de 2015

30 de out. de 2014

4º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº146)

Este pasado martes, 28 de outubro, emitiuse no 103.4 de CuacFm o cuarto programa de radio de "A FUME DE CAROZO" deste curso, promovido unha vez máis polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso colexio.

Nesta ocasión, tres alumnos de 4º de ESO, María García, Daniel Martínez e Nicolás Mejuto, estiveron a falarnos sobre a festividade que marcará estes días moitos lugares de Galicia e do mundo: o SAMAÍN.

Se queredes escoitar o programa, picade no seguinte enlace:
PROGRAMA 146 "A FUME DE CAROZO" 

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog. 

30 de out. de 2013

BENVIDA AO SAMAÍN

Como xa hai uns cantos anos, os nosos alumnos de Educación Primaria celebran durante estes últimos días do mes de outubro a chegada do Samaín, unha festividade de orixe celta que antano servía como celebración da fin da tempada de colleitas e o comezo da estación escura.
Aquí vos deixamos unhas cantas imaxes...


18 de nov. de 2012

EDUCACIÓN INFANTIL: CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Celebramos hai unhas semanas a festividade do Samaín, a fin do tempo das colleitas e o comezo do inverno.
Os máis pequechos do cole deron saída á súa creatividade e adobiaron numerosas cabazas das máis extraordinarias e marabillosas formas, converténdoas en piratas, princesas, pantasmas, animais...
Se lles queredes botar unha ollada, picade aquí:



28 de out. de 2012

SAMAÍN

A antiga festividade céltica do SAMAÍN descríbese como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ao 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Ábrense as portas entre este mundo e o alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus devanceiros mortos.

Na sección "E. PRIMARIA" atoparedes máis información sobre esta celebración cuns xogos para pasar o rato á espera de poder celebrala nestes próximos días no colexio.