BASES DO CONCURSO
Estamos buscando o mellor debuxo do Apalpador.
Queremos que o debuxes, colorees, adornes como máis che guste para que todos coñezamos a este personaxe tan noso.
O único que tes que facer é imaxinar como cres que é o noso personaxe e retratalo.
Cando teñas feito o debuxo (nun folio ou cartolina tamaño A4), deberás entregarllo ao/á profesor/a titor/a da túa clase.
O prazo para entregar os debuxos vai dende o 4 de novembro ata o 16 de novembro.
Con algúns dos vosos debuxos faremos despois unha exposición e ao mellor lle entregaremos un pequeno agasallo.
Apetéceche participar?
Só precisas cursar Educación Infantil ou 1º ou 2º de Educación Primaria.
Ánimo e a participar!
Amosando publicacións coa etiqueta Concurso b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concurso b>. Amosar todas as publicacións
1 de nov. de 2015
I CONCURSO DE "CARTAS AO APALPADOR"
BASES DO CONCURSO
Como se aproxima o Nadal e vai visitarnos en pouco tempo o Apalpador, queremos propoñerche que lle escribas unha carta onde contes que lle pedirías (os teus desexos, que che gustaría que che deixase a ti ou ás persoas que coñeces...).
O único que tes que facer é escribirlle unha carta que podes decorar como máis che guste.
Canto teñas feita a carta (nun folio tamaño A4 nun sobre dirixida ao Apalpador), deberás entregarlla ao/á profesor/a titor/a da túa clase.
O prazo para entregar as cartas vai dende o 4 de novembro ata o 16 de novembro.
Con algunhas das vosas cartas faremos despois unha exposición e á mellor lle entregaremos un pequeno agasallo.
Apetéceche participar?
Só precisas cursar 3º, 4º, 5º ou 6º de Educación Primaria.
Ánimo e a participar!
Etiquetas:
Concurso,
Creación,
EDLG,
Educación Primaria
II CERTAME LITERARIO "O APALPADOR"
E ti, algunha vez escoitaches falar do Apalpador?
Gustaríache saber quen é?
Serías capaz de contalo a través dun conto?
BASES DO CERTAME
Se nalgunha das respostas anteriores contestaches cun SI, daquela TI es quen estamos buscando.
Queremos que escribas un conto sobre este personaxe tan noso e, ás veces, tan descoñecido. O conto debe explicar quen é ou, polo menos, ter como protagonista as andanzas deste persoeiro.
O conto deberá ir enfocado cara ao público máis novo (dende 0 a 7 anos, aproximadamente).
Podes engadir debuxos, imaxes ou o que se che ocorra para adornar a túa historia.
O relato ou conto gañador será publicado no colexio e visitará as casas dos nosos pequenos moi preto do Nadal.
Apetéceche participar?
Só precisas cursar ESO ou Bacharelato, un pouco de enxeño, creatividade e ilusión, e entregar a túa historia antes do día 16 de novembro a Alexandre, Lorena ou Lupe.
Ánimo e a participar!
Etiquetas:
Bacharelato,
Concurso,
Creación,
EDLG,
Educación Secundaria,
Literatura,
Narrativa
25 de maio de 2013
CONCURSO CULTURAL
- Día e hora: Venres 31 de maio de 2013, ás 16:30 h. da tarde.
- Lugar de celebración: Aulas de Bacharelato.
- Poden presentarse grupos de alumnos que cursen Secundaria ou Bacharelato.
- Sete cuestionarios de sete preguntas cada un, todos eles referentes a Galicia ou á cultura galega.
- Cuestionarios sobre:
- Arte
- Comunicación e espectáculos
- Deportes
- Historia
- Literatura
- Música
- Xeografía
- Cinco minutos para respostar a cada cuestionario.
- Equipos de tres alumnos/as (como máximo).
- Os equipos que desexen participar deben entregar un papel no que figure o nome, apelidos e curso de cada un dos compoñentes, e o nome do equipo antes do xoves 30 de maio (incluído).
- Premios: lotes de libros, películas, discos, xogos, camisetas e outros agasallos.
Etiquetas:
Bacharelato,
Concurso,
Cultura,
EDLG,
Educación Secundaria
19 de mar. de 2013
CONCURSO DE CURTAMETRAXES "REC-CURTA"
BASES DO CONCURSO DE CURTAMETRAXES "REC-CURTA", organizado por Escolas Católicas de Galicia:
1. Poderán participar todos os alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato de todos os colexios pertencentes a FEREGA-CECA.
2. Poderase presentar unha curtametraxe cunha duración máxima de 20 minutos (títulos de crédito inclusive) realizada durante o curso 2012/2013.
3. Haberá dúas categorías:
- 1ª categoría: para 1º, 2º e 3º de ESO
- 2ª categoría: para 4º de ESO e Bacharelato
4. As curtametraxes poderán ser orixinais ou adaptacións de filmes xa estreados. Só se admitirán a concurso curtas de ficción.
5. Cada centro poderá presentar un número máximo de 3 películas.
6. As curtametraxes a concurso deberán estar realizadas e subtituladas (se fose necesario) en lingua galega.
7. As películas deberán ser presentadas en CD ou DVD en formato MPEG.
8. Os filmes deberán entregarse ao responsable do departamento de Dinamización Lingüística do seu centro, para que os remita a FEREGA-CECA (Rúa Santa Clara, nº 23, Santiago de Compostela) antes do 10 de maio de 2013.
Acompañando a película irá un folio que inclúa a sinopse da película, o equipo técnico (actores, realizadores, música, etc.) e o colexio ao que pertencen. Este folio irá selado polo centro.
Xunto co anterior deberase achegar un documento asinado polo nai-pai-titor/a dos menores participantes nas películas, autorizando a utilizar a imaxe dos seus fillos/as nas películas presentadas.
9. Estableceranse os seguintes premios para cada unha das categorías:
- Mellor actor
- Mellor actriz
- Mellor vestiario e maquillaxe
- Mellores efectos especiais
- Mellor música
- Mellor guión
- Mellor realización (dirección, montaxe, etc.)
- Mellor película
Cada un deles será premiado con 100 euros, agás o de mellor película, que recibirá 150 euros e un trofeo ou diploma conmemorativo.
O xurado resérvase o dereito de poder deixar algún premio deserto.
10. O xurado do premio estará composto por profesores vinculados aos EDL dos centros concertados. A lista dos nomeados en cada categoría e a entrega dos premios terá lugar no mes de xuño.
11. A participación no concurso "Rec-Curta" supón a total aceptación destas bases.
Etiquetas:
Bacharelato,
Concurso,
EDLG,
Educación Secundaria
15 de xan. de 2013
BASES "CONCURSO DE PORTADAS DO DICIONARIO VISUAL"
O motivo deste concurso é atopar a mellor portada para o Dicionario Visual que estamos construíndo desde hai dous cursos.
É unha actividade na que pode participar calquera alumno do centro, independentemente da súa idade.
Precisamos traballos orixinais e, sobre todo, feitos por vós.
A actividade é voluntaria e a persoa gañadora conseguirá que a súa portada sexa publicada no noso Dicionario.
O prazo para presentar as portadas será desde o día 8 de xaneiro ata o venres 1 de febreiro de 2013.
Quen realice a portada deberá entregala ao seu titor/a que lla remitirá a algún membro do EDLG.
Sorte a tod@s e a participar!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





