BASES DO CONCURSO
Estamos buscando o mellor debuxo do Apalpador.
Queremos que o debuxes, colorees, adornes como máis che guste para que todos coñezamos a este personaxe tan noso.
O único que tes que facer é imaxinar como cres que é o noso personaxe e retratalo.
Cando teñas feito o debuxo (nun folio ou cartolina tamaño A4), deberás entregarllo ao/á profesor/a titor/a da túa clase.
O prazo para entregar os debuxos vai dende o 4 de novembro ata o 16 de novembro.
Con algúns dos vosos debuxos faremos despois unha exposición e ao mellor lle entregaremos un pequeno agasallo.
Apetéceche participar?
Só precisas cursar Educación Infantil ou 1º ou 2º de Educación Primaria.
Ánimo e a participar!
Amosando publicacións coa etiqueta Creación b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Creación b>. Amosar todas as publicacións
1 de nov. de 2015
I CONCURSO DE "CARTAS AO APALPADOR"
BASES DO CONCURSO
Como se aproxima o Nadal e vai visitarnos en pouco tempo o Apalpador, queremos propoñerche que lle escribas unha carta onde contes que lle pedirías (os teus desexos, que che gustaría que che deixase a ti ou ás persoas que coñeces...).
O único que tes que facer é escribirlle unha carta que podes decorar como máis che guste.
Canto teñas feita a carta (nun folio tamaño A4 nun sobre dirixida ao Apalpador), deberás entregarlla ao/á profesor/a titor/a da túa clase.
O prazo para entregar as cartas vai dende o 4 de novembro ata o 16 de novembro.
Con algunhas das vosas cartas faremos despois unha exposición e á mellor lle entregaremos un pequeno agasallo.
Apetéceche participar?
Só precisas cursar 3º, 4º, 5º ou 6º de Educación Primaria.
Ánimo e a participar!
Etiquetas:
Concurso,
Creación,
EDLG,
Educación Primaria
II CERTAME LITERARIO "O APALPADOR"
E ti, algunha vez escoitaches falar do Apalpador?
Gustaríache saber quen é?
Serías capaz de contalo a través dun conto?
BASES DO CERTAME
Se nalgunha das respostas anteriores contestaches cun SI, daquela TI es quen estamos buscando.
Queremos que escribas un conto sobre este personaxe tan noso e, ás veces, tan descoñecido. O conto debe explicar quen é ou, polo menos, ter como protagonista as andanzas deste persoeiro.
O conto deberá ir enfocado cara ao público máis novo (dende 0 a 7 anos, aproximadamente).
Podes engadir debuxos, imaxes ou o que se che ocorra para adornar a túa historia.
O relato ou conto gañador será publicado no colexio e visitará as casas dos nosos pequenos moi preto do Nadal.
Apetéceche participar?
Só precisas cursar ESO ou Bacharelato, un pouco de enxeño, creatividade e ilusión, e entregar a túa historia antes do día 16 de novembro a Alexandre, Lorena ou Lupe.
Ánimo e a participar!
Etiquetas:
Bacharelato,
Concurso,
Creación,
EDLG,
Educación Secundaria,
Literatura,
Narrativa
28 de xuño de 2014
REVISTA "CROA" - CURSO 2013/2014
Un ano máis, xa temos nas nosas mans un novo número da revista CROA, elaborada polos alumnos e profesores do noso colexio. Nesta ocasión, continuamos, ao igual que no ano anterior, cunha gran celebración: "os 50 anos da presenza escolapia na cidade da Coruña".
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, que coordina esta publicación, desexamos que gocedes da súa lectura e que teñades un merecido descanso e pasedes un bo verán...
Deica o próximo curso!!!
Etiquetas:
Actualidade,
Creación,
Croa,
Cultura,
EDLG
9 de xuño de 2014
DICIONARIO VISUAL "Letra D" - Curso 2013/2014
Co gallo da celebración do pasado día das Letras Galegas, un curso máis seguimos a realizar a actividade do DICIONARIO VISUAL, que comezamos hai tres anos, e que xa vai pola letra D.
Mostrámosvos nesta presentación as palabras que se escolleron e que plasmaron de forma artística os nosos alumnos.
17 de maio de 2013
DICIONARIO VISUAL (Curso 2012-2013)
Continuamos neste curso coa actividade do DICIONARIO VISUAL, que comezamos hai dous anos, e que xa vai pola letra C.
Mostrámosvos, a continuación, as palabras que se escolleron e que plasmaron de forma artística os nosos alumnos.
Comezamos polos máis pequechos, os alumnos de Educación Infantil...e o seu gusto polos animais...
...os obxectos da vida cotiá...
...e as partes do corpo...
Seguimos cos alumnos de Educación Primaria, que continúan amosándonos diversos animais...
...alimentos...
...plantas, flores e árbores...
...recipientes e utensilios presentes nas nosas cociñas...
...obxectos...
...e profesións...
Chegamos á Educación Secundaria, e aí atopámonos, de novo, con outras partes do corpo...
...con palabras que nos fan rir, caer e tremer...
...cos máis diversos animais...
...para rematar, tamén desta vez, con outras partes do corpo...
E, así, entramos na recta final, cos alumnos de Bacharelato e os seus meigallos...
...a flor do toxo...
...e cos alumnos de apoio, que "coroan" e dan por rematado o Dicionario Visual para este ano.
Verémonos no vindeiro curso..., onde o D nos está xa agardando!!!
...os obxectos da vida cotiá...
...e as partes do corpo...
Seguimos cos alumnos de Educación Primaria, que continúan amosándonos diversos animais...
...alimentos...
...plantas, flores e árbores...
...recipientes e utensilios presentes nas nosas cociñas...
...obxectos...
...e profesións...
Chegamos á Educación Secundaria, e aí atopámonos, de novo, con outras partes do corpo...
...con palabras que nos fan rir, caer e tremer...
...cos máis diversos animais...
...para rematar, tamén desta vez, con outras partes do corpo...
E, así, entramos na recta final, cos alumnos de Bacharelato e os seus meigallos...
...a flor do toxo...
...e cos alumnos de apoio, que "coroan" e dan por rematado o Dicionario Visual para este ano.
Verémonos no vindeiro curso..., onde o D nos está xa agardando!!!
Etiquetas:
Bacharelato,
Creación,
EDLG,
Educación Infantil,
Educación Primaria,
Educación Secundaria,
Letras Galegas,
Lingua
15 de xan. de 2013
BASES "CONCURSO DE PORTADAS DO DICIONARIO VISUAL"
O motivo deste concurso é atopar a mellor portada para o Dicionario Visual que estamos construíndo desde hai dous cursos.
É unha actividade na que pode participar calquera alumno do centro, independentemente da súa idade.
Precisamos traballos orixinais e, sobre todo, feitos por vós.
A actividade é voluntaria e a persoa gañadora conseguirá que a súa portada sexa publicada no noso Dicionario.
O prazo para presentar as portadas será desde o día 8 de xaneiro ata o venres 1 de febreiro de 2013.
Quen realice a portada deberá entregala ao seu titor/a que lla remitirá a algún membro do EDLG.
Sorte a tod@s e a participar!
PARA QUEN QUEIRA ESCRIBIR (por Francisco Castro)
Verás. Para escribir só necesitas amor, paixón e desexo. O mesmo para calquera outra cousa que queiras moito e facer ben na vida. Todo iso e unha desesperante e inesgotable enerxía para comerte o mundo, e levar permanentemente un furado no medio do peito que saibas que só o podes encher de palabras, de morfemas incendiarios, de sílabas que sexan beixos e subordinadas que sexan hipérboles de fereza e ganas de cambiar o mundo coas palabras. E se o que queres é ser escritor ou escritora debes entender que estás diante dun traballo xa non só difícil, senón terriblemente esixente, que che vai quitar calma no sono, tempo para o acougo, e sempre, sempre, con escasas garantías de recompensa. Dende logo, non debes entrar nisto polos cartos. O que importa non é publicar libros, senón ser escritor. E iso é unha actitude, unha ollada, unha maneira de ser e de estar e de andar polo mundo que de primeiras non ten moito que ver co diñeiro. Se dás vivido disto, parabéns. Mais a literatura nada ten que ver coa profesionalidade.
Se o que che prace é escribir, faino sempre dende a máis humilde das actitudes, cun respecto absoluto pola lingua, polas palabras, polos libros e, sobre todo, polos lector@s. Porque non é certo que un escriba só para si. No intre no que ceibamos as palabras sobre un folio ou na pantalla de calquera trebello, estamos buscando ao outr@, estamos xa inmersos no xogo da comunicación.
A literatura é iso: un acto de comunicación. Eu escribo en soidade, ás escuras e descalzo. Ti estás léndome. Escribir vai disto. E cando eu leve moitos anos morto, quizais alguén abra un libro escrito por min ou chegue ata estas precisas liñas e, daquela, estarei falándolle, dende a outra banda da nada e do tempo, máis dunha vez.
Se o que che proe por dentro é dedicar a túa vida á literatura, adiante. Non sei de moitos oficios mellores.
23 de nov. de 2012
RECEITAS
Os alumnos de 1ºESO, nun exercicio de creatividade na materia de Lingua Galega, tiveron que compoñer un receitario con pratos e doces apetecibles e orixinais que forman parte da gastronomía popular.
Se queredes ir abrindo boca... picade na sección "RECUNCHO CREATIVO" ou no seguinte enlace...
BO PROVEITO!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





