24 de xuño de 2013

25 de maio de 2013

CONCURSO CULTURAL

  • Día e hora: Venres 31 de maio de 2013, ás 16:30 h. da tarde.
  • Lugar de celebración: Aulas de Bacharelato.
  • Poden presentarse grupos de alumnos que cursen Secundaria ou Bacharelato.
  • Sete cuestionarios de sete preguntas cada un, todos eles referentes a Galicia ou á cultura galega.
  • Cuestionarios sobre:
    • Arte
    • Comunicación e espectáculos
    • Deportes
    • Historia
    • Literatura
    • Música
    • Xeografía
  • Cinco minutos para respostar a cada cuestionario.
  • Equipos de tres alumnos/as (como máximo).
  • Os equipos que desexen participar deben entregar un papel no que figure o nome, apelidos e curso de cada un dos compoñentes, e o nome do equipo antes do xoves 30 de maio (incluído).
  • Premios: lotes de libros, películas, discos, xogos, camisetas e outros agasallos.

17 de maio de 2013

DICIONARIO VISUAL (Curso 2012-2013)

Continuamos neste curso coa actividade do DICIONARIO VISUAL, que comezamos hai dous anos, e que xa vai pola letra C.
Mostrámosvos, a continuación, as palabras que se escolleron e que plasmaron de forma artística os nosos alumnos.
Comezamos polos máis pequechos, os alumnos de Educación Infantil...e o seu gusto polos animais...


...os obxectos da vida cotiá...


...e as partes do corpo...


Seguimos cos alumnos de Educación Primaria, que continúan amosándonos diversos animais...


...alimentos...


...plantas, flores e árbores...


...recipientes e utensilios presentes nas nosas cociñas...

...obxectos...


...e profesións...


Chegamos á Educación Secundaria, e aí atopámonos, de novo, con outras partes do corpo...


...con palabras que nos fan rir, caer e tremer...


...cos máis diversos animais...


...para rematar, tamén desta vez, con outras partes do corpo...


E, así, entramos na recta final, cos alumnos de Bacharelato e os seus meigallos...


...a flor do toxo...



...e cos alumnos de apoio, que "coroan" e dan por rematado o Dicionario Visual para este ano.


Verémonos no vindeiro curso..., onde o D nos está xa agardando!!! 
        

LETRAS GALEGAS 2013



12 de maio de 2013

CORRELINGUA 2013

Mañá, luns 13 de maio, alumnos de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato participarán na actividade do Correlingua 2013, dentro das celebracións que se están a realizar no noso colexio ao londo deste mes co gallo da celebración das Letras Galegas.
O Correlingua é a denominación que adoptan de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan por toda Galicia. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.

23 de abr. de 2013

19 de mar. de 2013

CONCURSO DE CURTAMETRAXES "REC-CURTA"

BASES DO CONCURSO DE CURTAMETRAXES "REC-CURTA", organizado por Escolas Católicas de Galicia:

1. Poderán participar todos os alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato de todos os colexios pertencentes a FEREGA-CECA.

2. Poderase presentar unha curtametraxe cunha duración máxima de 20 minutos (títulos de crédito inclusive) realizada durante o curso 2012/2013.

3. Haberá dúas categorías:
     - 1ª categoría: para 1º, 2º e 3º de ESO
     - 2ª categoría: para 4º de ESO e Bacharelato

4. As curtametraxes poderán ser orixinais ou adaptacións de filmes xa estreados. Só se admitirán a concurso curtas de ficción.

5. Cada centro poderá presentar un número máximo de 3 películas.

6. As curtametraxes a concurso deberán estar realizadas e subtituladas (se fose necesario) en lingua galega.

7. As películas deberán ser presentadas en CD ou DVD en formato MPEG.

8. Os filmes deberán entregarse ao responsable do departamento de Dinamización Lingüística do seu centro, para que os remita a FEREGA-CECA (Rúa Santa Clara, nº 23, Santiago de Compostela) antes do 10 de maio de 2013.

Acompañando a película irá un folio que inclúa a sinopse da película, o equipo técnico (actores, realizadores, música, etc.) e o colexio ao que pertencen. Este folio irá selado polo centro.

Xunto co anterior deberase achegar un documento asinado polo nai-pai-titor/a dos menores participantes nas películas, autorizando a utilizar a imaxe dos seus fillos/as nas películas presentadas.

9. Estableceranse os seguintes premios para cada unha das categorías:
     - Mellor actor
     - Mellor actriz
     - Mellor vestiario e maquillaxe
     - Mellores efectos especiais
     - Mellor música
     - Mellor guión
     - Mellor realización (dirección, montaxe, etc.)
     - Mellor película

Cada un deles será premiado con 100 euros, agás o de mellor película, que recibirá 150 euros e un trofeo ou diploma conmemorativo.

O xurado resérvase o dereito de poder deixar algún premio deserto.

10. O xurado do premio estará composto por profesores vinculados aos EDL dos centros concertados. A lista dos nomeados en cada categoría e a entrega dos premios terá lugar no mes de xuño.

11. A participación no concurso "Rec-Curta" supón a total aceptación destas bases.
 

22 de feb. de 2013

19º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO"

O martes, 26 de febreiro, teredes ocasión de escoitar o programa número 103 de "A FUME DE CAROZO" que, cada martes, de 5 a 6 da tarde, alumnos e profesores do Colexio Calasanz - PP. Escolapios da Coruña fan chegar ás vosas casas a través do 103.4 de CuacFM.
Nesta ocasión, serán alumnos de 6º de Educación Primaria, coordinados pola profesora Fabiola Pena, os que nos falen sobre a cidade de Ourense, acompañándonos con cancións galegas.

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos, na web www.blogoteca.com/adfcblog.