9 de out. de 2014

1º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº 143)

Un ano máis... e xa estamos de volta!!! 


Como vimos facendo hai xa uns anos dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz - PP. Escolapios da Coruña, queremos achegar aos nosos alumnos, profesores, pais... a este marabilloso mundo da radio a través do programa "A Fume de Carozo", que con tanta ilusión e esforzo facemos entre todos.

Acabamos de voltar ao cole, e por iso xa nos puxemos en marcha nesta sexta tempada para presentarvos o pasado martes, 7 de outubro, o labor e as actividades que van desenvolver os catro grandes departamentos do noso centro ao longo deste próximo curso 2014/2015.

O presentador, Mikel Iribar (alumno de 2º de Bacharelato), entrevistou a Lorena Martínez (coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega), a Mónica Santiso e a Vanesa Fuentes (membros do Departamento de Orientación), a David García (coordinador do Departamento de Acción Social) e a Fabiola Pena (coordinadora de Pastoral).

Se queredes volver a escoitalo, non tedes máis que picar no seguinte enlace:

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario