Nunha nova emisión do programa de radio "A FUME DE CAROZO", que tivo lugar o martes 12 de maio, puidemos escoitar a membros do Departamento de Orientación do noso centro que nos falaron sobre as necesidades educativas especiais. O programa foi presentado pola profesora Mónica Santiso e entrevistou ás profesoras Encarna Oróns e Lupe Martínez.
Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:
Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog.
Ningún comentario:
Publicar un comentario