O pasado martes, 17 de novembro, puidemos escoitar no 103.4 de CuacFM un novo programa de "A FUME DE CAROZO".
As 10 mellores cancións da música galega foron o contido principal nesta ocasión e contamos coa presenza no estudio de dous alumnos de 2ºESO, Brais Martínez e Eduardo Rama, que actuaron como presentadores.
Se queredes escoitar o programa, picade no seguinte enlace:
Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/afdcblog.
Ningún comentario:
Publicar un comentario