23 de abr. de 2016

23 de abril - FELIZ DÍA DO LIBRO!




15º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº192)

O programa nº192 de "A FUME DE CAROZO" emitiuse o pasado 19 de abril de 2016.
Realizado polo Departamento de Orientación do noso colexio, e presentado pola profesora Almudena Cotelo, tratou sobre as Necesidades Educativas Especiais.




14º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (nº186)

O 1 de marzo de 2016 puidemos escoitar un novo programa de "A FUME DE CAROZO".
O autor Manuel María, novamente homenaxeado polos nosos rapaces, foi o centro do programa, que realizaron desta volta alumnos de 6º de Educación Primaria (Eva Graña Cusi, Andrea López López, Raquel Pérez Calvo, Alba Pérez Rodríguez, Chenxi Vales Ferreiro e Miguel Varela Painceira), baixo a coordinación do profesor Xesús Díaz.


 

MARATÓN DE LECTURA "ROSALÍA DE CASTRO"


Un ano máis, co gallo da celebración do nacemento de Rosalía de Castro, o venres 26 de febreiro foron moitos os rapaces de ESO e Bacharelato que se deron cita no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda na Coruña nun Maratón de Lectura para honrar á autora e convertérense por un día na voz da nosa máis sobranceira poetisa.

 

13º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº184)


O martes 16 de febreiro de 2016 emitiuse o programa nº184 de "A FUME DE CAROZO".
Realizárono alumnos de 5º de Educación Primaria (Paula Gigirey Dapena, Laura Losada Santos e Martín Rodríguez Borrazás), que nos falaron do autor Manuel María, e foi coordinado polos profesores Xesús Díaz e Marta Méndez.


 

12º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº183)

O 2 de febreiro de 2016 emitiuse o programa nº183 de "A FUME DE CAROZO".
Nesta ocasión, foi realizado polo Departamento de Orientación Educativa do noso colexio e tratou sobre o acoso escolar. As presentadores foron as profesoras Mónica Santiso e Almudena Cotelo.


 

11º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº181)

O programa nº181 de "A FUME DE CAROZO" emitiuse o 19 de xaneiro de 2016.
Coordinado polo profesor Alexandre Charlón, tratou sobre a diversidade lingüística europea, e foi presentado polos alumnos Brais Suárez Corral, Ana Suárez Varela e Javier Ventura López.


 

10º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº180)

O martes 12 de xaneiro de 2016 emitiuse un novo programa de "A FUME DE CAROZO"
Desta volta, foi coordinado polas profesoras de 4º de Educación Primaria, e os alumnos presentadores Mauro Amoroso Sanmiguel, Xoel Blasco González, Uxía González Oanes, Martín Mallo Pedreira, Yanira Muñoz Bellón e Rocío Rancaño Fragío estiveron a entreternos contándonos uns divertidos contos.


6 de xan. de 2016

9º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº179)

O martes 15 de decembro de 2015 emitiuse o programa nº 179 de "A FUME DE CAROZO". Desa volta, tratouse nel a figura de Rosalía de Castro e actuaron de presentadores os alumnos María García, Daniel Martínez e Sabana Paz de 1º de Bacharelato.

Se queredes escoitar o programa, picade no seguinte enlace:

15 de dec. de 2015

2 de dec. de 2015

8º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº178)

Onte, martes 1 de decembro, emitiuse un novo programa de "A FUME DE CAROZO".

O programa foi coordinado polo Departamento de Pastoral do centro. Presentado por varios alumnos de 2º de Bacharelato (Mateo Fernández, Isabel Rodríguez, Aarón Sánchez e Andrea Silvosa), falaron os profesores Adrián Eguizábal, David García, Ana González e María Otero.

Se queredes escoitar o programa, picade no seguinte enlace:

21 de nov. de 2015

7º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº176)

O pasado martes, 17  de novembro, puidemos escoitar no 103.4 de CuacFM un novo programa de "A FUME DE CAROZO".

As 10 mellores cancións da música galega foron o contido principal nesta ocasión e contamos coa presenza no estudio de dous alumnos de 2ºESO, Brais Martínez e Eduardo Rama, que actuaron como presentadores.

Se queredes escoitar o programa, picade no seguinte enlace:

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/afdcblog.

12 de nov. de 2015

6º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº175)

Este pasado martes, 10 de novembro, emitiuse un novo programa de radio de "A FUME DE CAROZO".

Desta volta, os alumnos Iñaki Infanzón, Paula Peña, María Pepe e Diego Prieto de 4ºESO, tomaron o ronsel deixado polos seus compañeiros a semana pasada e seguiron a falarnos de científicos galegos.

Se queredes escoitar o programa, picade no seguinte enlace:
PROGRAMA 175 "A FUME DE CAROZO" 

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/afdcblog.

4 de nov. de 2015

5º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº174)

Onte, martes 3 de novembro, tivemos a oportunidade de escoitar un novo programa de "A FUME DE CAROZO". Nel, o nº 174 dende que comezamos hai xa uns cantos anos, tres alumnas de 4ºESO, María Fernández, Sara López e Lucía Pedrosa, e unha alumna de 3ºESO, Araceli Mancebo, estiveron a falar de científicos galegos.

   Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:
PROGRAMA 174 "A FUME DE CAROZO" 

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/afdcblog.

1 de nov. de 2015

I CONCURSO DE "DEBUXOS SOBRE O APALPADOR"

BASES DO CONCURSO

Estamos buscando o mellor debuxo do Apalpador.
Queremos que o debuxes, colorees, adornes como máis che guste para que todos coñezamos a este personaxe tan noso.
O único que tes que facer é imaxinar como cres que é o noso personaxe e retratalo.
Cando teñas feito o debuxo (nun folio ou cartolina tamaño A4), deberás entregarllo ao/á profesor/a titor/a da túa clase.
O prazo para entregar os debuxos vai dende o 4 de novembro ata o 16 de novembro.
Con algúns dos vosos debuxos faremos despois unha exposición e ao mellor lle entregaremos un pequeno agasallo.
Apetéceche participar?
Só precisas cursar Educación Infantil ou 1º ou 2º de Educación Primaria.
Ánimo e a participar!

I CONCURSO DE "CARTAS AO APALPADOR"


BASES DO CONCURSO

Como se aproxima o Nadal e vai visitarnos en pouco tempo o Apalpador, queremos propoñerche que lle escribas unha carta onde contes que lle pedirías (os teus desexos, que che gustaría que che deixase a ti ou ás persoas que coñeces...).
O único que tes que facer é escribirlle unha carta que podes decorar como máis che guste.
Canto teñas feita a carta (nun folio tamaño A4 nun sobre dirixida ao Apalpador), deberás entregarlla ao/á profesor/a titor/a da túa clase.
O prazo para entregar as cartas vai dende o 4 de novembro ata o 16 de novembro.
Con algunhas das vosas cartas faremos despois unha exposición e á mellor lle entregaremos un pequeno agasallo.
Apetéceche participar?
Só precisas cursar 3º, 4º, 5º ou 6º de Educación Primaria.
Ánimo e a participar!
 

II CERTAME LITERARIO "O APALPADOR"

E ti, algunha vez escoitaches falar do Apalpador?
Gustaríache saber quen é?
Serías capaz de contalo a través dun conto?

BASES DO CERTAME

Se nalgunha das respostas anteriores contestaches cun SI, daquela TI es quen estamos buscando.
Queremos que escribas un conto sobre este personaxe tan noso e, ás veces, tan descoñecido. O conto debe explicar quen é ou, polo menos, ter como protagonista as andanzas deste persoeiro.
O conto deberá ir enfocado cara ao público máis novo (dende 0 a 7 anos, aproximadamente).
Podes engadir debuxos, imaxes ou o que se che ocorra para adornar a túa historia.
O relato ou conto gañador será publicado no colexio e visitará as casas dos nosos pequenos moi preto do Nadal.
Apetéceche participar?
Só precisas cursar ESO ou Bacharelato, un pouco de enxeño, creatividade e ilusión, e entregar a túa historia antes do día 16 de novembro a Alexandre, Lorena ou Lupe.
Ánimo e a participar!
 

31 de out. de 2015

4º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº173)

Este martes pasado, 27 de outubro, emitiuse o cuarto programa de "A FUME DE CAROZO" deste curso. 
Promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso colexio, tratou sobre as Irmandades da Fala, das que no ano 2016 se celebrará o seu centenario.
As presentadoras foron Lucía Parente, Sofía Pérez e Laura Suárez, alumnas de 4ºESO.
   Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:
PROGRAMA 173 "A FUME DE CAROZO" 

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/afdcblog.

I EXPOSICIÓN DE CABAZAS - SAMAÍN 2015/2016


GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!!!

DEZ RAZÓNS (LINGÜÍSTICAS) PARA AMAR (E MESMO DESEXAR) O GALEGO

Poderían ser outras dez, e tamén cen, porque o galego está feito un moi bo mozo, mais aquí e agora a alguén ocorréronselle estas:

1. O diminutivo. Canta afectividade hai no diminutivo galego! Semella mentira que en algo tan pequeno (e que pode haber máis pequeno ca un diminutivo?) poida coller tanta emotividade. A diferenza do seco diminutivo castelán, que indica fundamentalmente tamaño pequeno, o galego ten un valor afectivo omnipresente. Que sería do Adiós ríos, adiós fontes de Rosalía sen o diminutivo? Calquera que lea este poema fica namorado da poesía de Rosalía, mais tamén do diminutivo galego e, xa que logo, da lingua galega.

2. O pronome de solidariedade. A máis fermosa creación lingüística dos galegos. Non se coñece nada parecido no mundo das linguas. Ese querer, ese precisar implicar o interlocutor nas nosas verbas, mais implicalo emocionalmente, afectivamente... E cando o usamos en plural cunha forma redundante singular ("estáchevos boa a comida") supérase a si mesmo.

3. O infinitivo conxugado. O galego-portugués é case que a única lingua do mundo que o ten. Que intelixente maneira de marcar a persoa do verbo e evitar ambigüidades.

4. O cheísmo. A duplicidade dos pronomes te e mais che pode volver tolo a calquera estudante de galego, mais que cousa tan fermosa ese che que non teñen nin os españois nin os portugueses. En Galicia hai máis cheístas ca en Cuba, e iso que o galego non era o Che, senón Fidel.

5. As vogais abertas e pechadas. Outra tortura para os neofalantes, mais canta fartura fonética. É coma un canto, coma un coro.

6. As cen maneiras de chamar a choiva. Disque o galego ten cen maneiras de chamar a choiva. E será: orballo, orballada, poalla, poalleira, chuvisca, chuviscada, chaparrada, trebón, treboada... Galicia -como dixo Cela de Compostela- é a "ben chovida", e en Galicia a choiva é a ben chamada.

7. Os non cen, mais si dez xeitos de dicir pequeno. Pequeno, pequeniño, pequecho, pequechiño, pequerrecho, pequerrichiño... Pódense pedir máis variantes sen se separar da raíz da palabra? Que beleza, que fermosura. E cando estes termos se aplican aos cativos, que marabilla. De feito, semellan ter sido creados para eles.

8. "Malo será". Adóitase dicir que o galego é pesimista, que é escéptico... E será, mais tamén pode ser optimista e confiado. "Malo será" é un canto ao optimismo, un talismán, un esconxuro, unha fórmula secreta para seguir adiante cando as sombras nos asombran, como a Rosalía.

9. "Non si?". Pode semellar paradoxal, mais é o mellor exemplo da integración de contrarios que disque é unha das características da antropoloxía galega.

10. "Trapallada" e as súas moitas variantes, todas monovocálicas. Chafallada, marfallada, trangallada, zarrapallada, zarangallada... É incríbel que o xenio da lingua reservase para unha cousa tan insignificante semellante exercicio de malabarismo lingüístico.