7 de out. de 2015

1º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº170)

Xa estamos de volta! Outro curso máis e volvemos A FUME DE CAROZO!!! A nosa sétima tempada nas ondas comeza e cada martes, de 5 a 6 da tarde, dende comezos de outubro ata finais de maio, poderedes escoitarnos no 103.4 de CUAC FM. 
Lembrade que o programa "AF/DC: A FUME DE CAROZO", baixo a coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fai posible que moitos alumnos e profesores do noso colexio poidan expresar as súas inquedanzas culturais, literarias, musicais, deportivas... 
No primeiro programa deste curso que se emitiu onte, martes 6 de outubro, tivemos a oportunidade de escoitar as actividades que os departamentos do noso colexio van levar adiante ao longo deste curso.
Da man de dous alumnos de 1º de Bacharelato, Daniel Martínez e Sabana Paz, foron entrevistados os coordinadores e membros deses departamentos: Lorena Martínez (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), Adrián Eguizábal (Pastoral e Acción Social), Ana Fontán e Mónica Santiso (Orientación).

Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:
PROGRAMA 170 "A FUME DE CAROZO" 

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/afdcblog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario