18 de dec. de 2012

FELICES FESTAS!





Cara Belén camiña
unha Nena ocupada
fermosa, en canto a ela,
San Xosé a acompaña.

Chegaron a Belén
e pediron pousada,
responderon de adentro
con voz alborotada.

¿Quen chama á miña porta,
quen á porta me chama?
Somos Xosé e María
que pedimos pousada.

Se traen cartos que entren
e senón que se vaian.
Cartos non traerei,
máis que un real de prata.

Isos son poucos cartos,
pídanno noutra parte.
San Xosé xa penaba,
María o consolaba.

Non te apenes Xosé,
non te apenes por nada,
¿que máis cartos ti queres
que isto que me acompaña?

Nadal de Luintra (Berrogüetto)

 

15 de dec. de 2012

AGASALLOS DE NADAL: "ABERTOS AO GALEGO"

A Mesa pola Normalización Lingüística presenta o Catálogo de Nadal Abertos ao Galego, un abano de servizos e produtos en galego producidos polas empresas adscritas ao proxecto "Abertos ao Galego", que pode ser de utilidade como proposta para os agasallos típicos destas datas de Nadal, Aninovo e Reis.
Para máis información picade no seguinte enlace:



12º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO"

O próximo martes, 18 de decembro, teredes a oportunidade de escoitar o último programa de "A FUME DE CAROZO" deste ano 2012.
Serán alumnos de 6º de Educación Primaria os encargados de conducir o programa, coordinados pola profesora Fabiola Pena, e que nos falarán da cidade da Coruña.
Como ambientación musical poderemos escoitar cancións relacionadas co tema compostas por varios grupos coruñeses.

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos, na web www.blogoteca.com/adfcblog.


8 de dec. de 2012

11º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO"

O vindeiro 11 de decembro poderedes escoitar, como cada martes de 17:00 a 18:00 h., un novo programa de "A FUME DE CAROZO".
Nesta ocasión, dous alumnos de 2ºBacharelato, Javier Barreiro e Santiago Varela, realizarán un monográfico musical sobre o grupo galego "A Quenlla"

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos, na web www.blogoteca.com/adfcblog.