31 de out. de 2015

4º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº173)

Este martes pasado, 27 de outubro, emitiuse o cuarto programa de "A FUME DE CAROZO" deste curso. 
Promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso colexio, tratou sobre as Irmandades da Fala, das que no ano 2016 se celebrará o seu centenario.
As presentadoras foron Lucía Parente, Sofía Pérez e Laura Suárez, alumnas de 4ºESO.
   Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:
PROGRAMA 173 "A FUME DE CAROZO" 

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/afdcblog.

I EXPOSICIÓN DE CABAZAS - SAMAÍN 2015/2016

GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!!!

DEZ RAZÓNS (LINGÜÍSTICAS) PARA AMAR (E MESMO DESEXAR) O GALEGO

Poderían ser outras dez, e tamén cen, porque o galego está feito un moi bo mozo, mais aquí e agora a alguén ocorréronselle estas:

1. O diminutivo. Canta afectividade hai no diminutivo galego! Semella mentira que en algo tan pequeno (e que pode haber máis pequeno ca un diminutivo?) poida coller tanta emotividade. A diferenza do seco diminutivo castelán, que indica fundamentalmente tamaño pequeno, o galego ten un valor afectivo omnipresente. Que sería do Adiós ríos, adiós fontes de Rosalía sen o diminutivo? Calquera que lea este poema fica namorado da poesía de Rosalía, mais tamén do diminutivo galego e, xa que logo, da lingua galega.

2. O pronome de solidariedade. A máis fermosa creación lingüística dos galegos. Non se coñece nada parecido no mundo das linguas. Ese querer, ese precisar implicar o interlocutor nas nosas verbas, mais implicalo emocionalmente, afectivamente... E cando o usamos en plural cunha forma redundante singular ("estáchevos boa a comida") supérase a si mesmo.

3. O infinitivo conxugado. O galego-portugués é case que a única lingua do mundo que o ten. Que intelixente maneira de marcar a persoa do verbo e evitar ambigüidades.

4. O cheísmo. A duplicidade dos pronomes te e mais che pode volver tolo a calquera estudante de galego, mais que cousa tan fermosa ese che que non teñen nin os españois nin os portugueses. En Galicia hai máis cheístas ca en Cuba, e iso que o galego non era o Che, senón Fidel.

5. As vogais abertas e pechadas. Outra tortura para os neofalantes, mais canta fartura fonética. É coma un canto, coma un coro.

6. As cen maneiras de chamar a choiva. Disque o galego ten cen maneiras de chamar a choiva. E será: orballo, orballada, poalla, poalleira, chuvisca, chuviscada, chaparrada, trebón, treboada... Galicia -como dixo Cela de Compostela- é a "ben chovida", e en Galicia a choiva é a ben chamada.

7. Os non cen, mais si dez xeitos de dicir pequeno. Pequeno, pequeniño, pequecho, pequechiño, pequerrecho, pequerrichiño... Pódense pedir máis variantes sen se separar da raíz da palabra? Que beleza, que fermosura. E cando estes termos se aplican aos cativos, que marabilla. De feito, semellan ter sido creados para eles.

8. "Malo será". Adóitase dicir que o galego é pesimista, que é escéptico... E será, mais tamén pode ser optimista e confiado. "Malo será" é un canto ao optimismo, un talismán, un esconxuro, unha fórmula secreta para seguir adiante cando as sombras nos asombran, como a Rosalía.

9. "Non si?". Pode semellar paradoxal, mais é o mellor exemplo da integración de contrarios que disque é unha das características da antropoloxía galega.

10. "Trapallada" e as súas moitas variantes, todas monovocálicas. Chafallada, marfallada, trangallada, zarrapallada, zarangallada... É incríbel que o xenio da lingua reservase para unha cousa tan insignificante semellante exercicio de malabarismo lingüístico.

22 de out. de 2015

3º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº 172)

Este martes pasado, 20 de outubro, tivemos a oportunidade de escoitar unha semana máis "A FUME DE CAROZO" que, baixo a coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, emitiu un novo programa.
Desta volta, os alumnos Jacobo Álvarez, Raúl Dopico, Claudia Escudero e Jorge Sobrino de 4ºESO presentaron a figura do poeta Manuel María, autor que vai ser homenaxeado no vindeiro Día das Letras Galegas do 2016.

Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:
PROGRAMA 172 "A FUME DE CAROZO" 

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/afdcblog.

16 de out. de 2015

2º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº171)

Este martes pasado, 13 de outubro, en CUAC FM, de 5 a 6 da tarde, puidestes escoitar un novo programa de "A FUME DE CAROZO", o segundo deste curso.
Nesta ocasións, dous alumnos de 2º de Bacharelato, Víctor Platas e Patricia Suso, estiveron a falarnos sobre diferentes deportes en Galicia.

Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:
PROGRAMA 171 "A FUME DE CAROZO" 

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/afdcblog.

7 de out. de 2015

1º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº170)

Xa estamos de volta! Outro curso máis e volvemos A FUME DE CAROZO!!! A nosa sétima tempada nas ondas comeza e cada martes, de 5 a 6 da tarde, dende comezos de outubro ata finais de maio, poderedes escoitarnos no 103.4 de CUAC FM. 
Lembrade que o programa "AF/DC: A FUME DE CAROZO", baixo a coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fai posible que moitos alumnos e profesores do noso colexio poidan expresar as súas inquedanzas culturais, literarias, musicais, deportivas... 
No primeiro programa deste curso que se emitiu onte, martes 6 de outubro, tivemos a oportunidade de escoitar as actividades que os departamentos do noso colexio van levar adiante ao longo deste curso.
Da man de dous alumnos de 1º de Bacharelato, Daniel Martínez e Sabana Paz, foron entrevistados os coordinadores e membros deses departamentos: Lorena Martínez (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), Adrián Eguizábal (Pastoral e Acción Social), Ana Fontán e Mónica Santiso (Orientación).

Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:
PROGRAMA 170 "A FUME DE CAROZO" 