30 de nov. de 2012

10º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO"

O próximo martes, 4 de decembro, no programa de radio "A FUME DE CAROZO", catro alumnos de 2º de Bacharelato, Jorge Fernández, Mónica Sánchez, Marcos Sánchez e Alejandra Varela, entrevistarán a Rosa Martínez, Manuel Velasco e Raúl Acción, tres grandes persoas que ata hai moi pouco traballaron no noso centro como mestres e que marcaron a traxectoria académica e vital de moitos dos seus alumnos e ex-alumnos.

Composicións do colectivo musical galego máis coñecido nos anos finais da ditadura franquista, Voces Ceibes, porán a nota musical a este programa.

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos, na web www.blogoteca.com/adfcblog.


29 de nov. de 2012

CULTURGAL 2012: A FEIRA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

"A CASA DA CULTURA GALEGA É A TÚA CASA. TI TES A CHAVE"
Con estas palabras dános a benvida, un ano máis, CULTURGAL, unha gran casa construída entre os distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías. Un evento único, de periodicidade anual, que chega á súa quinta edición consolidado como a gran cita das industrias creativas en Galicia.
CULTURGAL é unha romaría á que acoden miles de persoas para coñecer de primeira man as novidades editoriais, o último en música, o glamour do audiovisual, a maxia das artes escénicas, os avances das novas tecnoloxías e mesmo as propostas máis marxinais en tres días de actividade sen tregua, dende o 30 de novembro ata o 2 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Picade no seguinte enlace para ver o seu programa xeral:



23 de nov. de 2012

RECEITAS

Os alumnos de 1ºESO, nun exercicio de creatividade na materia de Lingua Galega, tiveron que compoñer un receitario con pratos e doces apetecibles e orixinais que forman parte da gastronomía popular.

Se queredes ir abrindo boca... picade na sección "RECUNCHO CREATIVO" ou no seguinte enlace...

BO PROVEITO!


9º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO"

O vindeiro luns, 26 de novembro, no colexio imos celebrar unha gran festa para honrar, un ano máis, ao noso fundador San Xosé de Calasanz, patrón das escolas populares cristiás. 
O seu gran día é o martes 27, por iso o programa de radio "A FUME DE CAROZO" xirará arredor da súa figura e desa gran celebración. 
O Departamento de Pastoral será o encargado de conducir este espazo.

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos, na web www.blogoteca.com/adfcblog.


22 de nov. de 2012

GALICIA E O CINEMA: "INVASOR"

O filme "Invasor", dirixido por Daniel Calparsoro, producido pola galega Vaca Films e por Morena Films, e participado pola TVG, estrearase o vindeiro 30 de novembro.
Tras un atentado que case lle custa a vida, Pablo, un médico militar español destinado nunha misión internacional, regresa á casa convalente xunto á súa muller e a súa filla. Pablo sospeita que lle están ocultando información sobre as circunstancias do atentado e, a pesar da presión dos altos mandos, négase a secundar a versión oficial poñendo en perigo a súa seguridade e a da súa familia.
Gran parte da rodaxe tivo lugar na Coruña e comarca, en zonas como Ferrol, Betanzos, Sada e Oleiros, que acolleron boa parte da gravación das secuencias en exteriores.
E, ademais, a Orquestra Sinfónica de Galicia foi a encargada de poñer a música á composición de Lucas Vidal para a película.
O seu protagonista, Pablo, interpretado polo actor Alberto Ammann, convídavos a vela. Velaquí o tráiler galego...



18 de nov. de 2012

EDUCACIÓN INFANTIL: CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Celebramos hai unhas semanas a festividade do Samaín, a fin do tempo das colleitas e o comezo do inverno.
Os máis pequechos do cole deron saída á súa creatividade e adobiaron numerosas cabazas das máis extraordinarias e marabillosas formas, converténdoas en piratas, princesas, pantasmas, animais...
Se lles queredes botar unha ollada, picade aquí:



16 de nov. de 2012

8º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO"

O vindeiro martes, 20 de novembro, volveredes a ter nas ondas o programa "A FUME DE CAROZO"
Nesta ocasión varias alumnas de 1º de Bacharelato entrevistarán a Tucho Calvo, xornalista e escritor galego, así como un dos responsables de Biblos Clube de Lectores, para que nos fale e nos achegue a figura senlleira de Valentín Paz-Andrade, home polifacético (xurista, político, empresario, escritor, xornalista...) ao que se lle adicou o Día das Letras Galegas deste ano 2012.
A ambientación musical correrá a cargo do grupo galego Milladoiro.

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos, na web www.blogoteca.com/adfcblog.

11 de nov. de 2012

7º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO"

O próximo martes, 13 de novembro, teremos a oportunidade de escoitar un novo programa de "A FUME DE CAROZO"
Desta vez, serán catro alumnos de 1º ESO (Desiree Álvarez, Jacobo Álvarez, Andrea Barreiro e Juan Ángel Fernández) os encargados de conducir este espazo. 
Falarannos da música tradicional galega (historia, ritmos, instrumentos e artistas máis senlleiros) e contarán coa ambientación musical de grupos e cantantes galegos tan recoñecidos como Fuxan os Ventos, Milladoiro, Carlos Núñez, Uxía Senlle, Luar na Lubre...

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos, na web www.blogoteca.com/adfcblog.

6 de nov. de 2012

XUNTANZA "REVISTA CROA"

Mañá, mércores 7 de novembro, no primeiro recreo (ás 10:10 h.) e na Aula de Informática, terá lugar a xuntanza da "REVISTA CROA"
Como vén sendo habitual dende hai anos, aqueles alumnos interesados en participar na elaboración da nosa revista escolar, poderán facelo inscribíndose nalgunha das actividades relacionadas con ela (entrevistas a ex-alumnos, pais de alumnos, persoeiros do mundo do deporte, das letras e da música; crónicas de excursións e saídas culturais; reportaxes sobre temas diversos; elaboración de cómics, textos de creación literaria, debuxos...).
Ademais, este curso celebramos algo moi importante, o "25º ANIVERSARIO" desta gran publicación. Por isto e por moito máis, animámosvos a que todos aqueles que queirades colaborar e deixar a vosa pegada neste número tan especial, poidades facelo.  Enviádenos as vosas aportacións e suxestións ao seguinte enderezo: revistacroa@yahoo.es

2 de nov. de 2012

6º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO"


Para celebrar o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO, que é o 5 de novembro, o programa de "A FUME DE CAROZO" do martes 6 de novembro estará dedicado a científicos galegos.
Contaremos coa presenza na emisora de catro alumnas de 1º de Bacharelato: Andrea Camba, María Corral, Alba González e Ángela Veiga.
A ambientación musical correrá a cargo do grupo galego Berrogüetto, con composicións do seu disco "10.0".
 
Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos, na web www.blogoteca.com/adfcblog.


DÍA DO ENSINO: PARABÉNS!

Hoxe, día 2 de novembro, celebramos o DÍA DO ENSINO.
Tomamos como noso o agradecemento que unha profesora galega fixo hai uns meses nun artigo seu publicado na prensa:

Parabéns a todas as persoas que enchen a súa vida e a dos demais con palabras e expresións galegas!
Parabéns a todas as familias que seguen a legar aos seus fillos o noso maior patrimonio cultural!
Parabéns a todas as familias galegas que, conscientes de non seren fontes de transmisión natural da nosa lingua, demándana na escola como principal espazo de aprendizaxe e comunicación integradora!
Parabéns a todos os docentes que reforzan no alumnado a descuberta e a adquisición progresiva do noso idioma propio!
Parabéns a todos os educadores!