E. PRIMARIA

SAMAÍN

Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e o comezo do inverno. Era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.
Coincidía así, nesta noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, a festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura ás ánimas do outro mundo.
Disque, nestas mesmas datas, prendíanse lumes sagrados e que con esta cacharela inicial se alimentaban as lareiras de todas as casas. Estas fogueiras tamén podían cumprir o obxectivo de guiar os mortos na escuridade da noite e facilitarlles así que atopasen os seus fogares e os seus parentes.
Afírmase, ademais, que polo Samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño para pórlles dentro candeas, e esta tradición, coa substitución dos nabos por cabazas, foi a que chegou ata nós.
A partir da década dos 90, comezou a celebrarse en Galicia o Samaín, mantendo a denominación celta. Hoxe en día é común atopala referenciada en diversas expresións culturais (cancións...) e festivas (festas escolares ou sociais) relacionadas con esa data.  

Para ir abrindo boca, deixámosvos estes enlaces que conteñen páxinas con xogos sobre o Samaín:
Xogo do Samaín I
Xogo do Samaín II


Ningún comentario:

Publicar un comentario