14 de dec. de 2013

FELICES FESTAS!


11º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº125)

O martes 10 de decembro emitiuse un novo programa de "A FUME DE CAROZO", no 103.4 de CUAC FM, de 5 a 6 da tarde.
Nel, dous alumnos de 2º de Bacharelato, Kevin Calvelo e Daniel Sánchez, entrevistaron ao seu profesor de Historia, Adrián Rodríguez.
Para escoitalo de novo, podedes picar no seguinte enlace:

10º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº124)

O pasado 3 de decembro, como todos os martes de 5 a 6 da tarde, tivemos a oportunidade de escoitar un novo programa de "A FUME DE CAROZO" no 103.4 de CUAC FM.
Nesta ocasión, o profesor David García e o alumno Mikel Iribar falaron sobre os Departamentos de Acción Social e Pastoral do noso colexio.
Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:

27 de nov. de 2013

FESTIVIDADE DE CALASANZ



“Se dende a súa máis tenra infancia
  o neno é educado dilixentemente na piedade e nas letras,
haberá que agardar un feliz transcurso de toda a súa vida”

SAN XOSÉ DE CALASANZ

 

Parabéns a todos os educadores!!!

9º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº123)

Onte, martes, 26 de novembro, volveuse a emitir en CUAC.FM, no 103.4, un novo programa de "A FUME DE CAROZO". 
Nesta ocasión, tres alumnas de 2º de Bacharelato do noso centro, Blanca Astray, Alba González e Ángela Veiga, que se atopan na recta final da súa carreira cara a Universidade, estiveron a falarnos do seu paso polo colexio, as lembranzas que gardan de todos estes anos e as expectativas ante o seu futuro.
Se queredes escoitalo, non tedes máis que picar no enlace:
http://afumedecarozo16.podomatic.com/entry/2013-11-27T04_28_24-08_00 

 

24 de nov. de 2013

8º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº122)

O pasado 19 de novembro, como cada martes de 5 a 6 da tarde, emitiuse no 103.4 de CUACFM un novo programa de "A FUME DE CAROZO", realizado por profesores e alumnos do noso colexio.
Desta volta, tivemos a oportunidade de escoitar, coordinados polo profesor Alexandre Charlón, aos alumnos de 1ºC da ESO, Pablo Fernández, Víctor Tomé, Juan Torres e Héctor Villán falar sobre unha das figuras máis sobranceiras do panorama cultural galego de todos os tempos, CASTELAO.
Se queredes escoitalo, non esquezades picar no seguinte enlace:

13 de nov. de 2013

7º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº121)


Onte, 12 de novembro, puidemos escoitar, como cada martes de 5 a 6 da tarde no 103.4 de CUAC FM, un novo programa de "A FUME DE CAROZO", realizado por profesores e alumnos do noso colexio e coordinado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Nesta ocasión, contamos xa con todo un alumno veterano nestas lides radiofónicas, Mikel Iribar, que nos estivo a falar da súa grande paixón: o cinema, centrándose esta vez no realizado en España e en Galicia.
Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:



8 de nov. de 2013

6º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº120)

O sexto programa de "A FUME DE CAROZO" deste presente curso, que se puido escoitar no 103.4 de CUAC FM, tratou sobre científicos galegos.
Participaron como locutores varios alumnos de 1º e 2º de Bacharelato: Andrea Camba, Alejandro Loureiro, Marcos Garea, Javier Gómez e Mikel Iribar.
Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:

30 de out. de 2013

BENVIDA AO SAMAÍN

Como xa hai uns cantos anos, os nosos alumnos de Educación Primaria celebran durante estes últimos días do mes de outubro a chegada do Samaín, unha festividade de orixe celta que antano servía como celebración da fin da tempada de colleitas e o comezo da estación escura.
Aquí vos deixamos unhas cantas imaxes...


5º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº119)

Este pasado martes, 29 de outubro, puidemos escoitar no 103.4 de CuacFM un novo programa de "A FUME DE CAROZO", promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso colexio.
Un martes máis, tivemos como presentador ao alumno de 1º de Bacharelato, Mikel Iribar, que, xunto co seu amigo Martín "Lapeiro" Barja, fixo un especial sobre as cancións do Xabarín Club e as sintonías das series que emitían naquel mítimo programa da Televisión de Galicia.
Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:




23 de out. de 2013

4º PROGRAMA "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº118)

Onte, martes 22 de outubro, emitiuse un novo programa de "A FUME DE CAROZO", promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro.
O programa foi realizado polo Departamento de Acción Social e nel participaron o profesor Xosé Antonio García, Jaime e Olalla, dous alumnos que están a facer as prácticas de Educación Social no colexio, e catro rapaces de 4ºESO, Jorge Alabau, Víctor Platas, Daniel Rodríguez e Carlos Torrado.
Se queredes escoitalo, non tedes máis que picar no seguinte enlace:

18 de out. de 2013

LIBROS FINALISTAS DA X EDICIÓN DO "PREMIO LITERARIO FREI MARTÍN SARMIENTO"

Outro curso máis está en marcha o Premio Literario "Frei Martín Sarmiento", organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas de Galicia e que xa vai pola súa X Edición.
Como ben saben moitos dos nosos alumnos, este concurso literario naceu hai xa uns anos no noso colexio como unha idea para fomentar a lectura en galego. A diferenza dos concursos tradicionais, neste son os alumnos o xurado, e premian, tras a lectura de varias obras clasificadas por categorías, o mellor escritor galego do ano.
Dende hai unhas poucas edicións tamén se dá a posibilidade de que exalumnos, pais, profesores e persoal dos centros educativos participen na categoría de adultos.

Para o presente curso 2013/2014, estas son as obras seleccionadas:

1ª Categoría (1º e 2º de Educación Primaria):

Rebelión na charca
de Miro Villar e Ana Santiso


A pomba dona paz,
de Ramón Caride



2ª Categoría (3º e 4º de Educación Primaria):

Malos tempos para os fantasmas,
de Agustín Fernández Paz


O monstro das profundidades,
de Manuel Uhía



3ª Categoría (5º e 6º de Educación Primaria):

A verdadeira historia da mosca da tele,
de María Solar


O recendo das clementinas,
de An Alfaya



4ª Categoría (1º e 2º de ESO):

Misterio resolto,
de Concha Blanco


O elefante branco,
de Xesús Fraga



5ª Categoría (3º e 4º de ESO):

O corazón de Xúpiter,
de Ledicia Costas


O neno can,
de Fina Casalderrey e Francisco Castro


3º PROGRAMA "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº117)

O pasado 15 de outubro tivemos a oportunidade de escoitar, como cada martes, un novo programa de "A FUME DE CAROZO".
Nesta ocasión, os presentadores foron dous alumnos de 1º de Bacharelato, Mikel Iribar e Raúl Castro.
O programa estivo dividido en dúas partes: na primeira, Mikel estivo a falar dunha das súas grandes paixóns, o cine, e comentou cinco das películas que para el son verdadeiras obras de arte; e na segunda parte, entrevistou a un coñecido persoeiro que visitou o estudo.
Se queredes escoitalo, non tedes máis que picar no seguinte enlace:

9 de out. de 2013

2º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº116)

O segundo programa deste curso, que tivo lugar este martes 8 de outubro, estivo presentado por dúas alumnas de 2ºBacharelato. Alba González e Ángela Veiga entrevistaron a varios compañeros seus que cursaron estudos no ano anterior en diferentes colexios dos Estados Unidos.

A súa conversa estivo amenizada por pezas extraídas do disco "Baixo os eucaliptos", editado no 2006 polo grupo de música disco Projecto Mourente.

Se queredes escoitalo picade no seguinte enlace:

2 de out. de 2013

1º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº115)

Xa estamos de volta! Un curso máis e outra vez nas ondas! Dende o pasado día 1 de outubro, cada martes de 17:00 a 18:00 h., e ata maio, poderedes volvernos a escoitar no programa de radio "AF/DC: A FUME DE CAROZO"
 
Ao longo dos diferentes programas que realizaremos durante este curso, alumnos e profesores de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato quentarán os vosos oídos con cousas moi interesantes sobre temas moi diversos: novas do noso centro, entrevistas, lectura de poemas e relatos, teatro radiofónico, música, cinema..  

Se queredes participar, poñédevos en contacto con algún dos membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio e, se queredes escoitarnos, non tedes máis que sintonizar CUAC FM, no 103.4 ou na páxina www.cuacfm.org.

É máis, se vos perdestes algún programa ou queredes volver a escoitalo, picade neste blog na columna da esquerda en "Blogs e Páxinas de interese", onde pon "Programa de radio A fume de Carozo". Aí atoparedes todos os programas emitidos dende o 5 de maio de 2009.

Para todos vós... comezamos... e A FUME DE CAROZO!!!
Picade no seguinte enlace para escoitar o primeiro programa deste curso:

24 de xuño de 2013

25 de maio de 2013

CONCURSO CULTURAL

  • Día e hora: Venres 31 de maio de 2013, ás 16:30 h. da tarde.
  • Lugar de celebración: Aulas de Bacharelato.
  • Poden presentarse grupos de alumnos que cursen Secundaria ou Bacharelato.
  • Sete cuestionarios de sete preguntas cada un, todos eles referentes a Galicia ou á cultura galega.
  • Cuestionarios sobre:
    • Arte
    • Comunicación e espectáculos
    • Deportes
    • Historia
    • Literatura
    • Música
    • Xeografía
  • Cinco minutos para respostar a cada cuestionario.
  • Equipos de tres alumnos/as (como máximo).
  • Os equipos que desexen participar deben entregar un papel no que figure o nome, apelidos e curso de cada un dos compoñentes, e o nome do equipo antes do xoves 30 de maio (incluído).
  • Premios: lotes de libros, películas, discos, xogos, camisetas e outros agasallos.

17 de maio de 2013

DICIONARIO VISUAL (Curso 2012-2013)

Continuamos neste curso coa actividade do DICIONARIO VISUAL, que comezamos hai dous anos, e que xa vai pola letra C.
Mostrámosvos, a continuación, as palabras que se escolleron e que plasmaron de forma artística os nosos alumnos.
Comezamos polos máis pequechos, os alumnos de Educación Infantil...e o seu gusto polos animais...


...os obxectos da vida cotiá...


...e as partes do corpo...


Seguimos cos alumnos de Educación Primaria, que continúan amosándonos diversos animais...


...alimentos...


...plantas, flores e árbores...


...recipientes e utensilios presentes nas nosas cociñas...

...obxectos...


...e profesións...


Chegamos á Educación Secundaria, e aí atopámonos, de novo, con outras partes do corpo...


...con palabras que nos fan rir, caer e tremer...


...cos máis diversos animais...


...para rematar, tamén desta vez, con outras partes do corpo...


E, así, entramos na recta final, cos alumnos de Bacharelato e os seus meigallos...


...a flor do toxo...



...e cos alumnos de apoio, que "coroan" e dan por rematado o Dicionario Visual para este ano.


Verémonos no vindeiro curso..., onde o D nos está xa agardando!!!