21 de nov. de 2015

7º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº176)

O pasado martes, 17  de novembro, puidemos escoitar no 103.4 de CuacFM un novo programa de "A FUME DE CAROZO".

As 10 mellores cancións da música galega foron o contido principal nesta ocasión e contamos coa presenza no estudio de dous alumnos de 2ºESO, Brais Martínez e Eduardo Rama, que actuaron como presentadores.

Se queredes escoitar o programa, picade no seguinte enlace:

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/afdcblog.

12 de nov. de 2015

6º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº175)

Este pasado martes, 10 de novembro, emitiuse un novo programa de radio de "A FUME DE CAROZO".

Desta volta, os alumnos Iñaki Infanzón, Paula Peña, María Pepe e Diego Prieto de 4ºESO, tomaron o ronsel deixado polos seus compañeiros a semana pasada e seguiron a falarnos de científicos galegos.

Se queredes escoitar o programa, picade no seguinte enlace:
PROGRAMA 175 "A FUME DE CAROZO" 

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/afdcblog.

4 de nov. de 2015

5º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº174)

Onte, martes 3 de novembro, tivemos a oportunidade de escoitar un novo programa de "A FUME DE CAROZO". Nel, o nº 174 dende que comezamos hai xa uns cantos anos, tres alumnas de 4ºESO, María Fernández, Sara López e Lucía Pedrosa, e unha alumna de 3ºESO, Araceli Mancebo, estiveron a falar de científicos galegos.

   Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:
PROGRAMA 174 "A FUME DE CAROZO" 

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/afdcblog.

1 de nov. de 2015

I CONCURSO DE "DEBUXOS SOBRE O APALPADOR"

BASES DO CONCURSO

Estamos buscando o mellor debuxo do Apalpador.
Queremos que o debuxes, colorees, adornes como máis che guste para que todos coñezamos a este personaxe tan noso.
O único que tes que facer é imaxinar como cres que é o noso personaxe e retratalo.
Cando teñas feito o debuxo (nun folio ou cartolina tamaño A4), deberás entregarllo ao/á profesor/a titor/a da túa clase.
O prazo para entregar os debuxos vai dende o 4 de novembro ata o 16 de novembro.
Con algúns dos vosos debuxos faremos despois unha exposición e ao mellor lle entregaremos un pequeno agasallo.
Apetéceche participar?
Só precisas cursar Educación Infantil ou 1º ou 2º de Educación Primaria.
Ánimo e a participar!

I CONCURSO DE "CARTAS AO APALPADOR"


BASES DO CONCURSO

Como se aproxima o Nadal e vai visitarnos en pouco tempo o Apalpador, queremos propoñerche que lle escribas unha carta onde contes que lle pedirías (os teus desexos, que che gustaría que che deixase a ti ou ás persoas que coñeces...).
O único que tes que facer é escribirlle unha carta que podes decorar como máis che guste.
Canto teñas feita a carta (nun folio tamaño A4 nun sobre dirixida ao Apalpador), deberás entregarlla ao/á profesor/a titor/a da túa clase.
O prazo para entregar as cartas vai dende o 4 de novembro ata o 16 de novembro.
Con algunhas das vosas cartas faremos despois unha exposición e á mellor lle entregaremos un pequeno agasallo.
Apetéceche participar?
Só precisas cursar 3º, 4º, 5º ou 6º de Educación Primaria.
Ánimo e a participar!
 

II CERTAME LITERARIO "O APALPADOR"

E ti, algunha vez escoitaches falar do Apalpador?
Gustaríache saber quen é?
Serías capaz de contalo a través dun conto?

BASES DO CERTAME

Se nalgunha das respostas anteriores contestaches cun SI, daquela TI es quen estamos buscando.
Queremos que escribas un conto sobre este personaxe tan noso e, ás veces, tan descoñecido. O conto debe explicar quen é ou, polo menos, ter como protagonista as andanzas deste persoeiro.
O conto deberá ir enfocado cara ao público máis novo (dende 0 a 7 anos, aproximadamente).
Podes engadir debuxos, imaxes ou o que se che ocorra para adornar a túa historia.
O relato ou conto gañador será publicado no colexio e visitará as casas dos nosos pequenos moi preto do Nadal.
Apetéceche participar?
Só precisas cursar ESO ou Bacharelato, un pouco de enxeño, creatividade e ilusión, e entregar a túa historia antes do día 16 de novembro a Alexandre, Lorena ou Lupe.
Ánimo e a participar!