RECEITAS
FILLOAS DE SANGUE (Por Jacobo Álvarez)

- 5 ovos
- 2 litros de leite
- 200 gramos de fariña
- Un cacho de touciño
- 50 ml. de sangue de porco
- Sal
- Azucre
Elaboración:
1. Bate os ovos e mestúraos co leite a coa fariña ata que obteñas unha crema líquida.
2. Engade un chisco de sal e o sangue, e segue batendo.
3. Deixa repousar a crema durante dúas horas.
4. Colle a filloeira ou a tixola e úntaa ben co touciño de porco.
5. Reparte ben a crema por toda a superficie da filloeira ou tixola, intentando que quede fina.
6. Cando se despegue, é que xa está dourada por un lado. Dálle a volta e déixaa dourar polo outro lado.
7. Repite a operación para cada filloa.
8. Ponas nun prato e xa están listas para comer.
Bo proveito!
TORTA DE FLAN DE CAFÉ
(por César Rodríguez)
Ingredientes:
- Un vaso de café
- Un sobre de flan "Royal"
- Pan de molde
- Caramelo líquido
- Nata
- Azucre
- Un vaso de leite
Modo de preparación:
1. Nunha tarteira cubrir o fondo con caramelo líquido.
2. Poñer enriba do caramelo pan de molde de xeito que ocupe toda a superficie.
3. Nunha pota poñer a quecer a nata mesturada cun vaso de café.
4. Engadir catro culleradas de azucre e un sobre de flan "Royal" disolto nun vaso de leite.
5. Cando a mestura estea a piques de ferver, retirar e verter na tarteira.
6. Deixar arrefriar ata o día seguinte. Desmoldar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario