26 de maio de 2015

11º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº155)

O programa nº 155 de "A FUME DE CAROZO" emitiuse o martes 20 de xaneiro e tratou sobre os contos populares. Nel participaron varios alumnos de 3º de Educación Primaria (Xoel Eiroa, Cristina Fernández, Pablo Martín, Helena Ramos, Adriana Ribetto e Pablo Santos), baixo a coordinación do profesor David Paz.

Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog.

10º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº154)

O martes 13 de xaneiro puidemos escoitar o programa nº 154 de "A FUME DE CAROZO", que tratou sobre aspectos xerais da cultura e da xeografía galega. Coordinado polo profesor Alexandre Charlón, tivo como locutoras ás alumnas Elena García, Mª Luisa Gil, Clara Moure, Carla Peña e Alba Veiga, de 2ºB ESO.