15 de dec. de 2015

2 de dec. de 2015

8º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº178)

Onte, martes 1 de decembro, emitiuse un novo programa de "A FUME DE CAROZO".

O programa foi coordinado polo Departamento de Pastoral do centro. Presentado por varios alumnos de 2º de Bacharelato (Mateo Fernández, Isabel Rodríguez, Aarón Sánchez e Andrea Silvosa), falaron os profesores Adrián Eguizábal, David García, Ana González e María Otero.

Se queredes escoitar o programa, picade no seguinte enlace:

21 de nov. de 2015

7º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº176)

O pasado martes, 17  de novembro, puidemos escoitar no 103.4 de CuacFM un novo programa de "A FUME DE CAROZO".

As 10 mellores cancións da música galega foron o contido principal nesta ocasión e contamos coa presenza no estudio de dous alumnos de 2ºESO, Brais Martínez e Eduardo Rama, que actuaron como presentadores.

Se queredes escoitar o programa, picade no seguinte enlace:

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/afdcblog.

12 de nov. de 2015

6º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº175)

Este pasado martes, 10 de novembro, emitiuse un novo programa de radio de "A FUME DE CAROZO".

Desta volta, os alumnos Iñaki Infanzón, Paula Peña, María Pepe e Diego Prieto de 4ºESO, tomaron o ronsel deixado polos seus compañeiros a semana pasada e seguiron a falarnos de científicos galegos.

Se queredes escoitar o programa, picade no seguinte enlace:
PROGRAMA 175 "A FUME DE CAROZO" 

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/afdcblog.

4 de nov. de 2015

5º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº174)

Onte, martes 3 de novembro, tivemos a oportunidade de escoitar un novo programa de "A FUME DE CAROZO". Nel, o nº 174 dende que comezamos hai xa uns cantos anos, tres alumnas de 4ºESO, María Fernández, Sara López e Lucía Pedrosa, e unha alumna de 3ºESO, Araceli Mancebo, estiveron a falar de científicos galegos.

   Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:
PROGRAMA 174 "A FUME DE CAROZO" 

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/afdcblog.

1 de nov. de 2015

I CONCURSO DE "DEBUXOS SOBRE O APALPADOR"

BASES DO CONCURSO

Estamos buscando o mellor debuxo do Apalpador.
Queremos que o debuxes, colorees, adornes como máis che guste para que todos coñezamos a este personaxe tan noso.
O único que tes que facer é imaxinar como cres que é o noso personaxe e retratalo.
Cando teñas feito o debuxo (nun folio ou cartolina tamaño A4), deberás entregarllo ao/á profesor/a titor/a da túa clase.
O prazo para entregar os debuxos vai dende o 4 de novembro ata o 16 de novembro.
Con algúns dos vosos debuxos faremos despois unha exposición e ao mellor lle entregaremos un pequeno agasallo.
Apetéceche participar?
Só precisas cursar Educación Infantil ou 1º ou 2º de Educación Primaria.
Ánimo e a participar!

I CONCURSO DE "CARTAS AO APALPADOR"

BASES DO CONCURSO

Como se aproxima o Nadal e vai visitarnos en pouco tempo o Apalpador, queremos propoñerche que lle escribas unha carta onde contes que lle pedirías (os teus desexos, que che gustaría que che deixase a ti ou ás persoas que coñeces...).
O único que tes que facer é escribirlle unha carta que podes decorar como máis che guste.
Canto teñas feita a carta (nun folio tamaño A4 nun sobre dirixida ao Apalpador), deberás entregarlla ao/á profesor/a titor/a da túa clase.
O prazo para entregar as cartas vai dende o 4 de novembro ata o 16 de novembro.
Con algunhas das vosas cartas faremos despois unha exposición e á mellor lle entregaremos un pequeno agasallo.
Apetéceche participar?
Só precisas cursar 3º, 4º, 5º ou 6º de Educación Primaria.
Ánimo e a participar!
 
II CERTAME LITERARIO "O APALPADOR"

E ti, algunha vez escoitaches falar do Apalpador?
Gustaríache saber quen é?
Serías capaz de contalo a través dun conto?

BASES DO CERTAME

Se nalgunha das respostas anteriores contestaches cun SI, daquela TI es quen estamos buscando.
Queremos que escribas un conto sobre este personaxe tan noso e, ás veces, tan descoñecido. O conto debe explicar quen é ou, polo menos, ter como protagonista as andanzas deste persoeiro.
O conto deberá ir enfocado cara ao público máis novo (dende 0 a 7 anos, aproximadamente).
Podes engadir debuxos, imaxes ou o que se che ocorra para adornar a túa historia.
O relato ou conto gañador será publicado no colexio e visitará as casas dos nosos pequenos moi preto do Nadal.
Apetéceche participar?
Só precisas cursar ESO ou Bacharelato, un pouco de enxeño, creatividade e ilusión, e entregar a túa historia antes do día 16 de novembro a Alexandre, Lorena ou Lupe.
Ánimo e a participar!
 
31 de out. de 2015

4º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº173)

Este martes pasado, 27 de outubro, emitiuse o cuarto programa de "A FUME DE CAROZO" deste curso. 
Promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso colexio, tratou sobre as Irmandades da Fala, das que no ano 2016 se celebrará o seu centenario.
As presentadoras foron Lucía Parente, Sofía Pérez e Laura Suárez, alumnas de 4ºESO.
   Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:
PROGRAMA 173 "A FUME DE CAROZO" 

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/afdcblog.

I EXPOSICIÓN DE CABAZAS - SAMAÍN 2015/2016

GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!!!

DEZ RAZÓNS (LINGÜÍSTICAS) PARA AMAR (E MESMO DESEXAR) O GALEGO

Poderían ser outras dez, e tamén cen, porque o galego está feito un moi bo mozo, mais aquí e agora a alguén ocorréronselle estas:

1. O diminutivo. Canta afectividade hai no diminutivo galego! Semella mentira que en algo tan pequeno (e que pode haber máis pequeno ca un diminutivo?) poida coller tanta emotividade. A diferenza do seco diminutivo castelán, que indica fundamentalmente tamaño pequeno, o galego ten un valor afectivo omnipresente. Que sería do Adiós ríos, adiós fontes de Rosalía sen o diminutivo? Calquera que lea este poema fica namorado da poesía de Rosalía, mais tamén do diminutivo galego e, xa que logo, da lingua galega.

2. O pronome de solidariedade. A máis fermosa creación lingüística dos galegos. Non se coñece nada parecido no mundo das linguas. Ese querer, ese precisar implicar o interlocutor nas nosas verbas, mais implicalo emocionalmente, afectivamente... E cando o usamos en plural cunha forma redundante singular ("estáchevos boa a comida") supérase a si mesmo.

3. O infinitivo conxugado. O galego-portugués é case que a única lingua do mundo que o ten. Que intelixente maneira de marcar a persoa do verbo e evitar ambigüidades.

4. O cheísmo. A duplicidade dos pronomes te e mais che pode volver tolo a calquera estudante de galego, mais que cousa tan fermosa ese che que non teñen nin os españois nin os portugueses. En Galicia hai máis cheístas ca en Cuba, e iso que o galego non era o Che, senón Fidel.

5. As vogais abertas e pechadas. Outra tortura para os neofalantes, mais canta fartura fonética. É coma un canto, coma un coro.

6. As cen maneiras de chamar a choiva. Disque o galego ten cen maneiras de chamar a choiva. E será: orballo, orballada, poalla, poalleira, chuvisca, chuviscada, chaparrada, trebón, treboada... Galicia -como dixo Cela de Compostela- é a "ben chovida", e en Galicia a choiva é a ben chamada.

7. Os non cen, mais si dez xeitos de dicir pequeno. Pequeno, pequeniño, pequecho, pequechiño, pequerrecho, pequerrichiño... Pódense pedir máis variantes sen se separar da raíz da palabra? Que beleza, que fermosura. E cando estes termos se aplican aos cativos, que marabilla. De feito, semellan ter sido creados para eles.

8. "Malo será". Adóitase dicir que o galego é pesimista, que é escéptico... E será, mais tamén pode ser optimista e confiado. "Malo será" é un canto ao optimismo, un talismán, un esconxuro, unha fórmula secreta para seguir adiante cando as sombras nos asombran, como a Rosalía.

9. "Non si?". Pode semellar paradoxal, mais é o mellor exemplo da integración de contrarios que disque é unha das características da antropoloxía galega.

10. "Trapallada" e as súas moitas variantes, todas monovocálicas. Chafallada, marfallada, trangallada, zarrapallada, zarangallada... É incríbel que o xenio da lingua reservase para unha cousa tan insignificante semellante exercicio de malabarismo lingüístico.

22 de out. de 2015

3º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº 172)

Este martes pasado, 20 de outubro, tivemos a oportunidade de escoitar unha semana máis "A FUME DE CAROZO" que, baixo a coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, emitiu un novo programa.
Desta volta, os alumnos Jacobo Álvarez, Raúl Dopico, Claudia Escudero e Jorge Sobrino de 4ºESO presentaron a figura do poeta Manuel María, autor que vai ser homenaxeado no vindeiro Día das Letras Galegas do 2016.

Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:
PROGRAMA 172 "A FUME DE CAROZO" 

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/afdcblog.

16 de out. de 2015

2º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº171)

Este martes pasado, 13 de outubro, en CUAC FM, de 5 a 6 da tarde, puidestes escoitar un novo programa de "A FUME DE CAROZO", o segundo deste curso.
Nesta ocasións, dous alumnos de 2º de Bacharelato, Víctor Platas e Patricia Suso, estiveron a falarnos sobre diferentes deportes en Galicia.

Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:
PROGRAMA 171 "A FUME DE CAROZO" 

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/afdcblog.

7 de out. de 2015

1º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº170)

Xa estamos de volta! Outro curso máis e volvemos A FUME DE CAROZO!!! A nosa sétima tempada nas ondas comeza e cada martes, de 5 a 6 da tarde, dende comezos de outubro ata finais de maio, poderedes escoitarnos no 103.4 de CUAC FM. 
Lembrade que o programa "AF/DC: A FUME DE CAROZO", baixo a coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fai posible que moitos alumnos e profesores do noso colexio poidan expresar as súas inquedanzas culturais, literarias, musicais, deportivas... 
No primeiro programa deste curso que se emitiu onte, martes 6 de outubro, tivemos a oportunidade de escoitar as actividades que os departamentos do noso colexio van levar adiante ao longo deste curso.
Da man de dous alumnos de 1º de Bacharelato, Daniel Martínez e Sabana Paz, foron entrevistados os coordinadores e membros deses departamentos: Lorena Martínez (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), Adrián Eguizábal (Pastoral e Acción Social), Ana Fontán e Mónica Santiso (Orientación).

Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:
PROGRAMA 170 "A FUME DE CAROZO" 

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/afdcblog.

29 de set. de 2015

CLUB DE LECTURA

Hai nada comezabamos un novo curso e semella que a estas alturas xa estamos a coller bo ritmo con diversas actividades organizadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Seminario de Lingua Galega e Clásicas do noso colexio.
Unha desas actividades, pensada para os nosos alumnos maiores de Bacharelato, vai ser a creación do primeiro CLUB DE LECTURA EN GALEGO.
Coa fundación durante este próximo mes de outubro de "NÓS, OS VIAXEIROS DAS LETRAS" queremos aportar o noso gran de area ao Plan Lector do centro, colaborar no proceso de normalización e dinamización da lingua galega na vida escolar, contribuír a mellorar a comprensión lectora en galego dos alumnos de Bacharelato, fomentar o seu gusto pola lectura e polo coñecemento da literatura galega, e favorecer o intercambio de ideas, opinións, inquietudes..., tendo sempre como espazo referencial e nuclear a biblioteca do centro.
Agardamos que tras a convocatoria e a xuntanza informativa, sexan moitos os que decidan sumarse a esta actividade e gocen do pracer de ler e compartir unhas boas lecturas.
Todas as novas relacionadas co CLUB DE LECTURA aparecerán reflectidas na marxe esquerda deste blog no bloque de "SECCIÓNS".

3 de set. de 2015

UN CURSO MÁIS...!!!

Benvidos a un novo curso!!!
Comezamos a quentar motores, a máquina xa se está a pór en marcha, así que preparádevos para acompañarnos un curso máis.
En breve, comezaremos a informarvos das actividades que dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso cole se van ir desenvolvendo ao longo dos vindeiros meses (festas, concursos, programas de radio, revista, maratón e club de lectura, concurso cultural...).
Estades preparados...? Si...? Pois aló imos todos!!!

17 de xul. de 2015

PECHADO POR VACACIÓNS! BO VERÁN!

19º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº169)

O derradeiro programa de radio "A FUME DE CAROZO" deste curso 2014/2015 emitiuse o martes 26 de maio. Nel fíxose balance do traballo dos principais departamentos do centro e foron entrevistados os seus coordinadores: Alba Jiménez (Orientación), Equipo de Dinamización da Lingua Galega (Lorena Martínez), David García (Acción Social) e Fabiola Pena (Pastoral).

Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog.

18º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº167)

Nunha nova emisión do programa de radio "A FUME DE CAROZO", que tivo lugar o martes 12 de maio, puidemos escoitar a membros do Departamento de Orientación do noso centro que nos falaron sobre as necesidades educativas especiais. O programa foi presentado pola profesora Mónica Santiso e entrevistou ás profesoras Encarna Oróns e Lupe Martínez.

Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog.

17º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº166)

O martes 5 de maio, nunha nova emisión do noso programa de radio "A FUME DE CAROZO", tivemos a oportunidade de escoitar a varios alumnos de 4º de Educación Primaria (Mateo Barreiro, Daniel Carrera, Alba Filgueira, Paula López, Daniel Penas e Paola Suárez) que, coordinados polo profesor Alberto Felípez, falaron sobre os contos tradicionais.

Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog.

12 de xul. de 2015

16º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº162)

Un novo programa de "A FUME DE CAROZO" emitiuse o martes 17 de marzo. Varios alumnos de 6º de Educación Primaria (Paula Andrade, Cristina Arcay, Nicolás Domínguez, Andrea Lagares, Jorge Merino e Clara Pérez), coordinados polos profesores Lucía Fiaño e Javier Rodríguez, falaron sobre os contos e sobre a poetisa máis recoñecida da nosa literatura, Rosalía de Castro.

Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog.

15º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº161)

O martes 3 de marzo os alumnos de 1º de Bacharelato, Ruth López, Laura Santos e Carlos Torrado presentaron un programa especial de "A FUME DE CAROZO", no que fixeron un repaso da música presente nun dos programas máis coñecidos polos espectadores infantís galegos da Televisión de Galicia, e que marcou a varias xeracións, o "Xabarín Club".

Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog.

11 de xul. de 2015

14º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº159)

O martes 24 de febreiro un novo programa de "A FUME DE CAROZO" correu a cargo do Departamento de Orientación do noso colexio. Coordinado desta volta pola orientadora Alba Jiménez e a profesora Vanesa Fernández, tivo como presentadores aos alumnos Álvaro López (6ºEP) e Cristina Abella (1ºESO).

Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog.

13º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº158)

O martes 10 de febreiro tivemos a oportunidade de escoitar un novo programa de "A FUME DE CAROZO". Nesta ocasión, a profesora Lucía Fiaño coordinou a un grupo de alumnos de 6º de Educación Primaria (Carmen Dopico, Natalia Gómez, Pablo Hermida, Marina Iglesias, Clara Pérez e Dalyla Vilar), que falaron de Ánxel Fole, Uxío Novoneyra e o Courel.

Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog.

30 de xuño de 2015

12º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº157)

O programa Nº157 de "A FUME DE CAROZO" emitiuse o martes 3 de febreiro de 2015 e tivo como protagonista á Xeración Nós. As locutoras foron as alumnas de 1º de Bacharelato, Esther Andrés, Paula Carregal, Laura Galán e Isabel Rodríguez.

Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog.

26 de maio de 2015

11º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº155)

O programa nº 155 de "A FUME DE CAROZO" emitiuse o martes 20 de xaneiro e tratou sobre os contos populares. Nel participaron varios alumnos de 3º de Educación Primaria (Xoel Eiroa, Cristina Fernández, Pablo Martín, Helena Ramos, Adriana Ribetto e Pablo Santos), baixo a coordinación do profesor David Paz.

Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog.

10º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº154)

O martes 13 de xaneiro puidemos escoitar o programa nº 154 de "A FUME DE CAROZO", que tratou sobre aspectos xerais da cultura e da xeografía galega. Coordinado polo profesor Alexandre Charlón, tivo como locutoras ás alumnas Elena García, Mª Luisa Gil, Clara Moure, Carla Peña e Alba Veiga, de 2ºB ESO.