22 de feb. de 2013

19º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO"

O martes, 26 de febreiro, teredes ocasión de escoitar o programa número 103 de "A FUME DE CAROZO" que, cada martes, de 5 a 6 da tarde, alumnos e profesores do Colexio Calasanz - PP. Escolapios da Coruña fan chegar ás vosas casas a través do 103.4 de CuacFM.
Nesta ocasión, serán alumnos de 6º de Educación Primaria, coordinados pola profesora Fabiola Pena, os que nos falen sobre a cidade de Ourense, acompañándonos con cancións galegas.

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos, na web www.blogoteca.com/adfcblog.
 
20 de feb. de 2013

MARATÓN DE LECTURA "150º ANIVERSARIO DE CANTARES GALLEGOS"

O próximo venres, 22 de febreiro, terá lugar o xa para nós tradicional maratón de lectura. Este ano, unha vez máis, estará dedicado a Rosalía de Castro, posto que o próximo 17 de maio se celebra o 150º Aniversario da publicación dos seus Cantares Gallegos, a obra que inaugurou o rexurdir das letras galegas no século XIX.
O acto terá lugar na sede da Agrupación Cultural "Alexandre Bóveda", de 17:30 a 20:00 h., e nel participarán alumnos de ESO e Bacharelato do noso centro, que lerán ininterrompidamente composicións da autora.

18 de feb. de 2013

18º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO"

Mañá martes, 19 de febreiro, de 5 a 6 da tarde, poderedes escoitar un novo programa, o número 102, de "A FUME DE CAROZO", elaborado por profesores e alumnos do noso colexio.
Nesta ocasión, o programa estará conducido polas alumnas de 4ºA ESO, Patricia Díaz e Laura Docampo, que nos achegarán á figura do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2013, Roberto Vidal Bolaño, contando coa colaboración dun fillo deste gran dramaturgo.
A música que nos acompañará coas voces de Amancio Prada, Fucoxabier, Luz Casal... estará dedicada a Rosalía de Castro.

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos, na web www.blogoteca.com/adfcblog.

1 de feb. de 2013

17º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO"

Como cada martes, de 17:00 a 18:00 h., o próximo 5 de febreiro poderedes escoitar un novo programa, o número 101, de "A FUME DE CAROZO", elaborado por profesores e alumnos do noso colexio.
Nesta ocasión, o programa estará conducido pola profesora Lucía Caridad e adicado á Educación Infantil, con fragmentos de audio gravados nas súas clases con adiviñas, cancións... E tamén contaremos coa presenza no estudio de varios alumnos e nais galegofalantes. 
A música que nos acompañará pertence a "Arrolos de salitre", un marabilloso disco de cancións de berce en galego editado hai xa uns anos.