12/07/2015

16º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº162)

Un novo programa de "A FUME DE CAROZO" emitiuse o martes 17 de marzo. Varios alumnos de 6º de Educación Primaria (Paula Andrade, Cristina Arcay, Nicolás Domínguez, Andrea Lagares, Jorge Merino e Clara Pérez), coordinados polos profesores Lucía Fiaño e Javier Rodríguez, falaron sobre os contos e sobre a poetisa máis recoñecida da nosa literatura, Rosalía de Castro.

Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario