1 de nov. de 2015

II CERTAME LITERARIO "O APALPADOR"

E ti, algunha vez escoitaches falar do Apalpador?
Gustaríache saber quen é?
Serías capaz de contalo a través dun conto?

BASES DO CERTAME

Se nalgunha das respostas anteriores contestaches cun SI, daquela TI es quen estamos buscando.
Queremos que escribas un conto sobre este personaxe tan noso e, ás veces, tan descoñecido. O conto debe explicar quen é ou, polo menos, ter como protagonista as andanzas deste persoeiro.
O conto deberá ir enfocado cara ao público máis novo (dende 0 a 7 anos, aproximadamente).
Podes engadir debuxos, imaxes ou o que se che ocorra para adornar a túa historia.
O relato ou conto gañador será publicado no colexio e visitará as casas dos nosos pequenos moi preto do Nadal.
Apetéceche participar?
Só precisas cursar ESO ou Bacharelato, un pouco de enxeño, creatividade e ilusión, e entregar a túa historia antes do día 16 de novembro a Alexandre, Lorena ou Lupe.
Ánimo e a participar!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario