16 de out. de 2014

2º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº 144)

Continuamos e... A FUME DE CAROZO!!!
Este martes pasado, 14 de outubro, tivestes a oportunidade de escoitar un novo programa elaborado polos alumnos do noso colexio e coordinado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Nesta ocasión, outra vez con Mikel Iribar, alumno de 2º de Bacharelato, á cabeza, fixemos un monográfico sobre o director de cine Steven Spielberg.

Se queredes volver a escoitalo, picade no seguinte enlace:
PROGRAMA 144 "A FUME DE CAROZO"


Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario