27 de out. de 2014

3º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº145)

O martes pasado, 21 de outubro, tivemos a oportunidade de escoitar no 103.4 de CuacFM, entre as 17:00 e as 18:00 h., un novo programa de "A FUME DE CAROZO", elaborado por alumnos e profesores do Colexio Calasanz - PP. Escolapios da Coruña e coordinado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Este foi o programa número 145 e tratou sobre o Coro do noso colexio. Foi presentado por tres das súas integrantes: Avia García, Marina Ramos e Laura Suárez.
Se queredes volver a escoitalo, picade no seguinte enlace:
Ou se queredes acceder ao blog do noso coro e ver todas as novas relacionadas con el, podedes facelo no seguinte enderezo: 

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario