
Como vén sendo habitual dende hai anos, aqueles alumnos interesados en participar na elaboración da nosa revista escolar, poderán facelo inscribíndose nalgunha das actividades relacionadas con ela (entrevistas a ex-alumnos, pais de alumnos, persoeiros do mundo do deporte, das letras e da música; crónicas de excursións e saídas culturais; reportaxes sobre temas diversos; elaboración de cómics, textos de creación literaria, debuxos...).
Ademais, este curso celebramos algo moi importante, o "25º ANIVERSARIO" desta gran publicación. Por isto e por moito máis, animámosvos a que todos aqueles que queirades colaborar e deixar a vosa pegada neste número tan especial, poidades facelo. Enviádenos as vosas aportacións e suxestións ao seguinte enderezo: revistacroa@yahoo.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario