22 de nov. de 2012

GALICIA E O CINEMA: "INVASOR"

O filme "Invasor", dirixido por Daniel Calparsoro, producido pola galega Vaca Films e por Morena Films, e participado pola TVG, estrearase o vindeiro 30 de novembro.
Tras un atentado que case lle custa a vida, Pablo, un médico militar español destinado nunha misión internacional, regresa á casa convalente xunto á súa muller e a súa filla. Pablo sospeita que lle están ocultando información sobre as circunstancias do atentado e, a pesar da presión dos altos mandos, négase a secundar a versión oficial poñendo en perigo a súa seguridade e a da súa familia.
Gran parte da rodaxe tivo lugar na Coruña e comarca, en zonas como Ferrol, Betanzos, Sada e Oleiros, que acolleron boa parte da gravación das secuencias en exteriores.
E, ademais, a Orquestra Sinfónica de Galicia foi a encargada de poñer a música á composición de Lucas Vidal para a película.
O seu protagonista, Pablo, interpretado polo actor Alberto Ammann, convídavos a vela. Velaquí o tráiler galego...



Ningún comentario:

Publicar un comentario