11 de nov. de 2012

7º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO"

O próximo martes, 13 de novembro, teremos a oportunidade de escoitar un novo programa de "A FUME DE CAROZO"
Desta vez, serán catro alumnos de 1º ESO (Desiree Álvarez, Jacobo Álvarez, Andrea Barreiro e Juan Ángel Fernández) os encargados de conducir este espazo. 
Falarannos da música tradicional galega (historia, ritmos, instrumentos e artistas máis senlleiros) e contarán coa ambientación musical de grupos e cantantes galegos tan recoñecidos como Fuxan os Ventos, Milladoiro, Carlos Núñez, Uxía Senlle, Luar na Lubre...

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos, na web www.blogoteca.com/adfcblog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario